Durante estes días estivemos decorando o corredor de Educación Infantil de cara ao Samaín. Como podedes ver nestas fotografías, fixemos unhas máscaras terroríficas, preparamos un photocall "de medo" e colocamos e explicamos as caixas terroríficas que elaboramos coas familias.Antes de marchar, as mestras tíñannos preparada unha sorpresa: unhas chocolatinas, que puidemos levar para a casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario