jueves, 1 de noviembre de 2018

DESPEDIMOS A FANI

Durante estas semanas, a mestra Fani desenvolvíu o Practicum na aula de 3 e 4 anos. Este mércores, rematou as súas prácticas. Queremos agradecerlle todo o que aprendemos con ela  durante este tempo: a reciclaxe (fixemos contedores para reciclar; elaboramos mouchos con material de refugallo; experimentamos coas diferentes texturas dos materiais; visionamos algún vídeo relacionado con esta temática...). 
Moitas grazas tamén por axudarnos a resolver conflitos, por consolarnos cando estamos tristes, por aconsellarnos... e tamén polos lápises cos que nos agasallaches.
Desexámosche moita sorte!



No hay comentarios: