miércoles, 24 de octubre de 2018

OUTONO NAS REVOLTAS

Durante estas semanas estivemos ambientando o corredor de Educación Infantil en relación á estación na que nos atopamos: o outono.
Pintamos entre todos/as unha árbore, coloreamos follas...
E puidemos experimentar tamén con follas caídas de árbores: vimos que eran de diferentes cores, que unhas son máis grandes ca outras, que teñen distintas formas; falamos sobre que sensación percibimos cando as tocamos; ulímolas...
Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso. 


No hay comentarios: