miércoles, 25 de mayo de 2016

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER DO... UNIVERSO?

Despois da última ponte, os Revoltiñ@s aprendemos un pouquiño máis do Día das Letras Galegas. Este ano o homenaxeado foi Manuel María, e por iso, nas nosas aulas coñecemos dous poemas deste escritor: "O Sol" e "A Lúa", recollidos na súa obra "Os soños na gaiola".


Isto dounos pé a falar sobre unha nova temática: O UNIVERSO! Como sabedes, este venres visitaremos o Planetario da Coruña, e hoxe xa completamos unha pequena carta onde vos pedimos axuda para saber máis do Espazo. Ademais, a próxima semana comezaremos cunhas exposicións moi especiais. Xa vos iremos contando...

Polo momento, aquí vos deixamos todo o que sabemos e o que queremos saber sobre o Universo...

QUE SABEMOS DO UNIVERSO?

- Adrián: O Universo son todos os planetas. Tamén hai nubes.
- Amina: O noso planeta é o noso mundo, e o noso mundo é moi grande. Primeiro é de día e despois é de noite.
- Ane: Hai cohetes.
- Antón: No ceo está a Lúa cando é de noite. Se poñemos guantes tamén nos queimamos ó tocar o Sol.
- Dylan: De noite hai estrelas.
- Elaisa: Hai planetas no ceo. Se imos ó Sol e o tocamos sen guantes, queima moito.
- Eliana: No ceo hai nubes.
- Estela: Cando o Sol está esperto, a Lúa durme.
- Felipe: De noite sae a Lúa. Hai planetas.
- Iago: O noso planeta chámase Terra. Hai estrelas.
- Idania: A Lúa móvese de sitio polo ceo.
- Kevin: Se se rompe a Lúa hai que construír outra Lúa.
- Lara: O Sol está de día.
- Leonardo: Unha galaxia son todos os planetas xuntos. Cando o Sol durme, a Lúa está esperta no planeta e viceversa. O mundo flota grazas á gravidade do Espazo.
- María: O noso planeta está protexido polo aire, se non houbese aire caería. Cando o Sol está aquí, a chuvia está noutro país.
- Mauro: Hai alieníxenas. No Sol hai dous aros xirando, e nos planetas un ou dous. Plutón xa non existe.
- Nerea: A Terra ten diferentes cores: azul e verde.
- Nicolás: Hai planetas espaciais. As estrelas vense co telescopio.
- Pablo: Hai naves espaciais e cohetes. Os astronautas teñen un altavoz para que lles falen.
- Raúl: No Espazo hai buracos negros e se nos metemos neles quedamos atrapados para sempre. Betelgeuse é a estrela máis grande do Universo.
- Samuel: Hai estrelas. Sei tres planetas: Terra, Saturno e Marte.
- Sara: O Sol está no Espazo con outros planetas.
- Sofía C.: Hai cohetes no Espazo. A Lúa é redonda e grande.
- Sofía S.: Hai moitos países na Terra, uns grandes e outros pequenos.
- Uxía: Hai planetas.
- Vítor: Hai nubes no ceo. As estrelas non se ven de día porque aparecen de noite e porque de día o Sol dálle luz.
- Yanira: Hai Sol para levantarse cedo.

QUE QUEREMOS SABER DO UNIVERSO?

- Adrián: Cantos anos leva existindo o noso planeta? 
- Amina: Nos demais planetas hai día e noite? Hai estrelas que caen para o mundo?
- Ane: Como se forman as estrelas fugaces?
- Antón: Como son as naves espaciais por dentro? Como flotan os meteoritos no Espazo?
- Dylan: A onde van os cohetes?
- Elaisa: Como brillan as estrelas? Existen os alieníxenas ou extraterrestres?
- Eliana: Hai barcos no Espazo?
- Estela: Hai once planetas?
- Felipe: Por que o ceo é azul?
- Iago: Como aguanta a Lúa no ceo?
- Idania: Como aguanta o Sol no ceo? Como falan os alieníxenas?
- Kevin: Hai alieníxenas? Hai planetas con forma de tractor?
- Lara: Como se moven a Lúa e o Sol?
- Leonardo: Como hai estrelas no Espazo? Como flotan as estrelas no Espazo? Como son os demais planetas por dentro? Como pasou que un meteorito chocou coa Terra e acabou cos dinosauros? Como se formou o Espazo?
- María: Como se suxeita a Terra co aire? Como é Neptuno? Como se fixo a Terra?
- Mauro: As naves espaciais teñen rodas para aterrizar?
- Nerea: Tódolos planetas se moven?
- Nicolás: Como son os alieníxenas?
- Pablo: Que hai dentro das naves espaciais?
- Raúl: Pódennos comer as tartarugas xigantes alieníxenas? Hai monstros no Universo?
- Samuel: Podemos voar no Universo? Como é o traxe dos astronautas?
- Sara: Como aguanta no ceo o planeta Terra? 
- Sofía C.: Hai alieníxenas e tartarugas no Espazo? Alí podemos comer iogures de fresa?
- Sofía S.: Como é a Terra? A onde vai a xente cando morre? Como se fixeron o Sol, a Lúa, as estrelas e a chuvia?
- Uxía: Pódese saltar no Espazo? No Espazo pódese comer xelatina?
- Vítor: Hai xente no Espazo? Hai cometas? Que é agora Plutón se xa non é un planeta?
- Yanira: Hai alieníxenas e por que os hai?

ESTAREMOS INVESTIGANDO NESTAS PRÓXIMAS SEMANAS PARA DAR RESPOSTA A TODAS ESTAS PREGUNTAS! ESPERAMOS A VOSA AXUDA!

No hay comentarios: