Esta semana descubrimos que podíamos utilizar moitas partes do corpo para pintar... Durante este curso xa pintamos coas mans e cos pés, pero fai uns días descubrimos que tamén podíamos utilizar a boca! Como? Pois usando unhas palliñas de plástico polas que sopramos e sopramos ata estender e misturar todas as cores e así crear a nosa careta de Teo! Aquí as temos listas para xogar con elas todo o Entroido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario