Os Revoltiñ@s recibimos unha nova carta de Teo, onde nos mostraba o seu disfrace de Entroido. Vestiuse coma un faraón exipcio! Mirade, mirade...
E despois de lela, decidimos descubrir que era o que sabíamos e o que nos gustaría saber do Antigo Exipto. Aquí tendes as nosas respostas...
QUE SABEMOS?
- Adrián: Hai trampas nas pirámides para que non rouben.
- Amina: Hai camelos que seguen ás persoas.
- Ane: Hai pirámides e area.
- Antón: Hai pirámides.
- Dylan: Hai area.
- Elaisa: Hai momias.
- Eliana: Hai area e camelos.
- Estela: Hai serpes.
- Felipe: Hai area.
- Iago: Hai pirámides pequenas. Hai momias. Había moitas tumbas.
- Idania: Hai momias.
- Kevin: Os exipcios teñen a cara redonda. Eu fun disfrazado de exipcio.
- Lara: Hai camelos.
- Leonardo: Hai moitas pirámides e fai moita calor.
- María: Hai avispas. Hai trampas nas pirámides para que non rouben.
- Mauro: Hai pirámides e area. Existe un deserto. Hai momias.
- Nicolás: Hai montañas e area.
- Raúl: Hai pirámides e dromedarios.
- Samuel: Os exipcios viven nas montañas. En Exipto hai nubes. Tamén hai area porque fai moita calor. Alí viven os Reis Magos.
- Sara: Hai pirámides.
- Sofía C.: Os exipcios disfrázanse.
- Sofía S.: Hai camelos e había faraóns.
- Uxía: Hai pirámides.
- Vítor: As momias de Exipto durmen nas pirámides.
- Yanira: Hai area.
QUE QUEREMOS SABER?
- Adrián: Hai casas?
- Amina: Hai momias?
- Ane: Que hai dentro das pirámides?
- Antón: Que é e como é unha momia?
- Dylan: Onde viven os camelos? O ceo é branco en Exipto?
- Elaisa: Hai momias dentro das pirámides?
- Eliana: Hai arañas?
- Estela: Hai serpes dentro das pirámides?
- Felipe: Hai cans?
- Idania: Hai trampas dentro das pirámides?
- Kevin: Hai tractores?
- Lara: Hai persoas nas pirámides?
- Leonardo: Con que se fan as pirámides e quen as constrúe?
- María: Están vivas as avispas? Como se constrúen as pirámides?
- Mauro: Que hai dentro das pirámides? Hai templos? Hai arañas e xirafas?
- Nerea: Canto miden as pirámides?
- Nicolás: Hai cans?
- Raúl: Hai lagartixas, hipopótamos e gatos?
- Samuel: Que hai dentro das pirámides? Os exipcios disfrázanse para visitar as pirámides? Pódense facer castelos coa area de Exipto? Por que o ceo é tan azul? Hai nubes longas?
- Sara: Como se fan as portas das pirámides?
- Sofía C.: Hai música en Exipto?
- Sofía S.: As pirámides teñen portas?
- Uxía: Hai serpes?
- Vítor: Hai plantas? Hai lagartos?
- Yanira: Hai arañas?
Podedes comprobar que xa sabemos algunhas cousas de Exipto e tamén que aínda nos quedan moitas por descubrir. Seguro que Teo pouco a pouco nos vai dando algunha que outra información e que tamén aprenderemos moito coas cousas que xa nos están enviando algunhas familias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario