Esta mañá os Revoltiñ@s tivemos unha visita moi especial... Adiviñades quen?
Si! A de Eva, a mamá de Adrián, que nos veu falar do seu traballo de perruqueira. Chegou cargada cun montón de útiles: peites, pinzas, rulos, secadores... Tamén perrucas, extensións, maquillaxe e pintura de unllas! Explicounos qué facía na súa perruquería e para qué usaba todos eses instrumentos, e contou cunha axuda moi importante... A de Adrián, que en todo momento estívolle axudando á súa mamá, ofrecéndose a probar tódalas ferramentas do seu oficio! Mirade cantas cousas nos ensinou. Moitas delas ata as puidemos tocar!
Moitas grazas pola visita! Volve cando queiras Eva!
No hay comentarios:
Publicar un comentario