viernes, 5 de febrero de 2016

FESTIVAL DE ENTROIDO!

"BO ENTROIDO!" berraron esta mañá os Revoltiñ@s. Sabedes por que? Porque hoxe celebrouse o Festival de Entroido no noso cole! Tódolos nen@s íamos disfrazados de personaxes de cómic, e o alumnado de Educación Infantil escollemos aos superheroes, pero uns superheroes moi especiais... Facíamonos chamar "Os SuperRevoltos" e todos tiñamos uns poderes moi emocionantes segundo a cor da nosa capa: dar alegría (amarelo), quitar a tristeza (azul), espantar os medos (negro), calmar aos demais (verde), acabar cos enfados (vermello) e facer que a xente se queira un pouquiño máis (rosa). E as mestras ían tan coloridas porque igual que Teo, tiñan un lío de emocións. Mirade que guapos!



Despois de prepararnos nas nosas aulas e tras moitos ensaios durante estas últimas semanas, visitamos o Salón de Actos onde actuamos ao son dunha canción moi animada chamada "Héroes de Acción", do grupo latinoamericano Hi5! Que vos pareceu o noso baile?


E para repoñer forzas esperábanos unha rica merendola! Non tiñamos nin filloas, nin orellas, nin chulas, nin ningún postre típico de Entroido. Como sabedes, unha das Revoltiñ@s non pode tomar todas estas lambonadas, e como non queremos que se poña maliña, todos xuntos degustamos un ricos bocadillos e un biscoito acompañados duns saborosos zumes! E algunhas familias tamén decidiron unirse á nosa festa! Por suposto, tamén había merenda para elas... Moitas grazas por vir e tamén por esas capas tan fermosas que fixéchedes para a actuación!


Alí tiñamos un pequeno Photocall de SuperEntroido, mirade as fotos que quitamos todos xuntos! As mestras tamén se colaron nalgunha que outra imaxe... Moitas grazas a Paula e a Érica pola súa axuda durante toda a xornada!



E para rematar o día, visitamos a Chinto como fixemos toda esta semana, mais nesta ocasión para despedirnos del ata o próximo Entroido.

FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO TOD@S MOI BEN! A GOZAR DAS VACACIÓNS REVOLTIÑ@S!

2 comentarios:

Bolboretas que voan no vento dijo...

O dia de Entroido foi xenial!! Graciñas @s Revoltiñ@s por contar con nos para celebralo xuntos! :)

Os Revoltiños dijo...

Moitas grazas a ti pola túa axuda SúperÉrica! ;)