miércoles, 18 de noviembre de 2015

O CORPO!

Os Revoltiñ@s xa estamos traballando o outono, pero ata fai unhas semanas aprendemos moitas cousas sobre o corpo humano. Aquí vos deixamos un pequeno resumo:

Na aula de 3-4 anos mostrámoslle aos compañeiros tódolos obxectos que trouxemos á aula e explicamos a súa relación con esta temática (cepillos, termómetros, tiriñas, soro fisiolóxico, férulas, fonendoscopios, radiografías, ecografías, esqueletos...). Tamén lemos contos, escoitamos cancións, vimos vídeos e fotografías... Incluso intentamos escoitar o corazón dos compañeiros cun fonendoscopio e ver qué se sinte ao ter unha férula nun dedo!





Na aula de 4-5 anos tamén lle ensinamos aos compañeiros aqueles obxectos que trouxemos da casa (cepillos, termómetros, cremas, tiriñas, bastonciños, solucións para os oídos, neceseres, caixas de primeiros auxilios, radiografías, ecografías, esqueletos...). Tamén lemos contos, fixemos moitos quebracabezas, observamos imaxes e fotografías... Aquí estamos unindo pezas e explicándolle aos outros nenos todo o que trouxemos!



Durante estas semanas tamén puidemos comprobar cómo cambiamos. Mirade canto medramos!


E durante estas semanas, tódalas cousiñas que nos fixéchedes chegar estiveron expostas no corredor de Educación Infantil. Moitas grazas a tódalas familias pola vosa colaboración!

No hay comentarios: