lunes, 16 de noviembre de 2015

DECORACIÓN DE OUTONO

Como sabedes, os Revoltiñ@s estamos traballando o outono, polo que decidimos ambientar as nosas aulas e o corredor de Educación Infantil con algún que outro elemento típico desta estación do ano. Creamos tres equipos:

1. O equipo azul estivo formado por Ane, Felipe, Leo, María, Pablo, Raúl, Sofía S. e Vítor, e eles foron os encargados de colorear a Teo, a nosa mascota. Irá para o corredor, pero un pouquiño máis cuberto, xa descubriredes por que...


2. O equipo vermello estivo formado por Adrián, Amina, Estela, Idania, Kevin, Mauro, Sofía C., Uxía e Yanira, e eles encargáronse de colorear dous cogomelos que irán para as fiestras das aulas. Baixo eles esconderémonos nós, pero dun xeito moi especial...


3. O equipo amarelo estivo formado por Antón, Dylan, Elaisa, Eliana, Iago, Nerea, Nicolás, Samuel e Sara, que foron os encargados de crear o mural que acollerá as fotografías e calquera información que as familias vaiades aportando durante estas semanas.
Que opinades do noso traballo?

No hay comentarios: