lunes, 25 de abril de 2011

FILOSOFÍA PARA NENOS/AS; xogar a pensar

Como xa sabedes os nenos/as de 3-4 anos gústanos moito pensar, todas as semanas adicamos un tempiño a xogar a pensar. ( O obxectivo destas sesións é que os nenos/as aprendan a pensar e a actuar considerando as distintas perspectivas, así como tamén pretendemos que fagan uso da capacidade de pensar e actuar creativamente e dunha forma divertida desenvolvendo a capacidade de pensar por sí mesmo pero en compañía dos demais).
O último xogo que fixemos, ( 4 anos), consistía en esconder nunha bolsa negra primeiro 5 fabas brancas e 5 negras, posteriormente sen mirar teríamos que adiviñar que faba sairía. Repetimos a actividade con 9 fabas brancas e unha negra. ( deixo un pequeno vídeo, bastante malo que mostra o inicio do xogo).


Idaira dixo que lle ía saír negra porque había 5 brancas e 5 negras e pode que sea negra, ( dixo ela) , pero saíulle branca.




Martina dixo; " blanca porque a estou agarrando e é delgada e as negras son gordas, ( despois di que son máis ou menos iguais). Sacou unha negra.


Martín dixo que branca porque é grande e nótoa, ( sacou unha branca).



Xabi di blanca pero que tamén pode ser negra porque hai 5 brancas e 5 negras.


Marta di que saca a negra porque a nota, ( saíulle branca).



Javi di que vai sacar unha blanca pero saelle negra.

Cando puxemos 9 brancas e unha negra case todos dicían que sairía a branca p0rque había 9 brancas, A VERDADE É QUE RAZOARON E DERON UNHAS EXPLICACIÓNS MOI BOAS.!!






No hay comentarios: