viernes, 22 de abril de 2011

CONTO; " A RAÍÑA E O REI".


Como vos vimos anunciando @s revoltiñ@s xa participamos en diversas actividades para celebrar o día do libro. O equipo da biblioteca organizou un concurso de relatos, contos... no cal participamos elaborando un conto a través da técnica de Rodari, ( consistente en que cada neno/a elabore unha mensaxe). Os nenos/as de 3-4 anos empezamos o conto e os nenos/as de 5 rematárono. Ó final quedounos así de bonito.


A RAÍÑA E O REI

Había unha vez unha raíña, ( Martina), que comía moitos amorodos na horta e ( Marta) despois veu o rei voando e marcharon os dous voando para o castelo porque o rei tiña poderes. Como estaba canso, o rei, e lle doían as pernas( Javi), sentou na cadeira que era grande ( Idaira) porque despois ía de caza ( Manuel) pero antes mirou a tele ( Martín) e foi a parte de arriba do castelo a durmir ( Xabier).
Un día a raíña tiña sede e bebíu coca-cola ( Alberto), despois foi coller flores, doíalle a barriga e ( Antia) bebíu auga, pero seguía enferma.
Aínda que seguía enferma, a raíña, decidíu ir dar un paseo, caíu na ponte e mancou o xeonllo ( Saray).
O rei levouna ó médico. O médico curouna ( Jessica).
A raíña foi comprar tomates, leituga, cebola e dúas cenoiras para a comida, quería facer un guiso moi rico( Adrián).

O rei comprou unha tortilla e maionesa para rellenala e azafrán para que ulira ben( Isaac).


A raíña collíu flores, doéronlle as pernas e volvíu ó médico( Noe).
O rei foi pescar e pescou un salmón ( Iago). O rei despois de pescar, foi ó castelo durmir un pouco ó sofá ( Brais). O rei foi coller á raíña voando de novo, foron ó cine e déronse un bico ( Isaac).





E colorín colorado, este conto está rematado ( tod@s).

Fin

Tamén fixemos debuxos do conto para elaborar un libro moi grande con todos os traballos do cole que quedará na biblioteca grande.

No hay comentarios: