jueves, 24 de marzo de 2011

PROXECTO DINOSAUROS

Empezamos un proxecto relacionado cos dinosauros pois é un tema que lles gusta moito. Tras unha primeira asamblea na que preguntamos que sabemos, que queremos saber e onde imos buscar empezamos a traballar con diferentes actividades. Na primeira utilizamos patacas con formas de pegadas e deixámolas en pasta de modelar para máis tarde convertirnos en paleontólogos e identificalas. Tamén usamos estas pataca-pegadas para decorar un mural. Na seguinte actividade emprendemos moitas cousas de diferentes dinosauros, canto medían, as súas principais características, que comían... e cando sabíamos todo isto recortamos e pegamos en dous grupos diferentes os carnívoros e os herbívoros. Tamén fixemos un libro, tivemos que pintar dinosauros e escribir o que medían e o que pesaban. Co material que trouxeron os rapaces da casa: varios libros e moitos dinosauros aprendemos tamén moitas cousas. Por último elaboramos un mural con diversos materiais reconstruíndo o hábitat destes enormes animais xa extinguidos.


1 comentario:

Os Revoltiños dijo...

Noraboa, María, por este proxecto. Quedou estupendo e considero que @s nen@s aprenderon moitísimo e sobre todo, que disfrutaron levándoo a cabo.
Parabéns!