miércoles, 23 de marzo de 2011

CALENDARIO ESCOLAR

No calendario escolar 2010-2011,, concrétase como Semana da Prensa, a semana do 8 ao 12 de marzo, na cal se estipula que polo menos un día desta semana traballarase na aula con xornais. Os nenos/as de 3-4 anos adicamos esta semana a recoller xornais e "ler " o pe de fotos de diversas noticias. Aumentamos o número de xornais da nosa biblioteca e cada neno/a elixiu unha noticia e escribimos a nosa propia letra pequena ou pe da noticia. Houbo, por exemplo, quen se interesou polo terremoto de Xapón, que xa vira na tele, outros elaboraron noticias que non se parecían en nada a real, así en noticias como " Gadafi contrataca con crueldad", encontraban homes traballando, nun anuncio dunha clínica dental, encontráronse " Dentes caducados", no mapa do tempo, "Mareas cheas", nunha Asociación Cultural, festas... A pesar de que se lle ensinou e lemos a noticia real,( despois de que eles elaboraron a súa), eles estaban convencidos de que a verdadeira noticia era a deles e deron un bo razoamento do que eles vían.











No hay comentarios: