lunes, 2 de mayo de 2016

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

Esta mañá, a profe Paula non puido vir a clase, polo que hoxe tivemos unha sesión de psicomotricidade moi privameral con Mª Carmen e Rocío.

Comezamos co quecemento, a partir dunha historia onde éramos uns grandes exploradores campestres que decidiron darse un baño nun río. Estiramos tódolos nosos músculos imaxinando mil e unha maneiras de nadar. Logo, tivemos que secarnos, movendo tódalas partes do noso corpo. 




Máis tarde, transformámonos en animais de primavera, e fixemos carreiras dun lado a outro da pista movéndonos coma eles: bolboretas, xoaniñas, caracois, paxaros, saltamontes...





Tamén nos transformamos en abellas, que por parellas voamos polo patio ao son dun pandeiro. Cando deixabamos de escoitar a música, era hora de agocharse na nosa flor, que en realidade era un aro. Ao principio todos tiñamos flores, pero pouco a pouco ían desaparecendo e algunhas abellas quedabamos sen lugar!



E xa para rematar esta sesión e relaxarnos tranquilamente, transformámonos en flores que espertaban e adormecían, recollendo e estirando tódalas partes do noso corpo!




Ademais, aproveitamos o momento para visitar a nosa maceira. Como estes días non choveu nada, Sara e Felipe, os encargados do día, foron os nenos escollidos para regala!



No hay comentarios: