jueves, 28 de abril de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS

Esta mañá, coma tódolos xoves, visitamos a biblioteca da nosa escola. Nesta ocasión non elixiríamos ningún libro, senón que alí xa nos esperaba Ana, a mestra de francés e directora do noso colexio.
Teríamos unha pequena sesión con ela para explicarnos algúns dos aspectos máis importantes da nosa biblioteca: Pepiña e as súas pegadas, os carteis do corredor, as normas do lugar, os útiles que alí podíamos atopar, o tipo de libros e a forma de pedilos...
Tras escoitala moi atentamente, ao final da sesión fixemos uns pequenos exercicios onde tiñamos que rodear ou riscar os obxectos que había na nosa biblioteca e as normas de uso da mesma.



No hay comentarios: