Este domingo 15 de maio, celébrase o Día da Familia. E como os Revoltiñ@s queremos moito ás nosas, decidimos agasallarvos con este cadro feito por nós, onde vos mandamos moitos bicos cheos de amor.
Para facelos tivemos moitas tarefas que realizar: posar para as fotografías, pintar con acuarelas unha cartolina en branco, construír o marco con tips de almidón, pintar con rodillos o soporte de cartón, pegar a nosa imaxe e algúns corazóns, escribir o noso nome... Logo, as mestras colocaron unha bonita poesía na parte traseira e tamén envolveron as nosas creacións. Despois duns días de traballo... Xa estaba todo listo!
Hoxe por fin os puidemos levar para as nosas casas, e aquí están os resultados finais. Que vos parecen? Gustáronvos?
2 comentarios:
Moi bonitos e orixinais! Moitas grazas.
Moitas grazas!! Alegrámonos de que vos gustase :)
Publicar un comentario