Hoxe fomos ata Valarés.
Alí pasámolo en grande xogando na area cos caldeiros, pás, moldes... Fixemos castelos, árbores, pistas, enormes buratos... collemos algas e cunchas...tocamos a batería...xogamos á pelota... ata fixemos unha representación da esfinxe e das pirámides de Exipto!!!
Á media mañá veu Juan traernos a merenda: unha saborosa palmera de chocolate e un botellín de auga.
Despois de xogar outro anaco na area, chegaron @s nen@s e mestr@s de Educación Primaria (viñeron a pé: vaia camiñata!!!).
Comemos a riquísima comida que nos prepararon as nosas familias!!!
Antes de marchar, aínda tivemos tempo de tomar un xeado e xogar outro pouco.
Foi unha xornada moi divertida!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario