O 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas. No colexio estas últimas semanas estamos a realizar nas aulas distintas actividades relacionadas con este día. Este ano adícase a Uxío Novoneira, escritor do Courel.
@s de Infantil estamos traballando sobre un conto que escribiu:Ilda, o corzo,o lobo e o xabaril. Na pizarra dixital xogamos e fixemos actividades que adaptaron @s mestr@s de Frián-Teis. Tamén o podedes facer clicando na imaxe...
Entre as dúas clases de infantil adaptamos o conto con distintas técnicas e materiais, que logo colocamos no corredor de infantil.
2 comentarios:
Nestes días festivos practicamos moito coas actividades e co conto de Ilda. Está moi ben ese enlace.... saúdos
Moi ben, está ben saber que o que colocamos no blogue vos gusta e o empregades...Animo a mais mamis e papis a que escriban a súa opinión...
Publicar un comentario