Este venres @s Revoltiñ@s fomos a Valarés. Mentras que @s nen@s de Educación Primaria camiñaban, nós xogamos na area cos caldeiros, pás, anciños, tractores, camións, moldes... Estiveron con nós @s mestr@s Irene, Fran, Susana e Xurxo, que nos coidaron moito (a mestra Mª Carmen estaba enferma e non puido vir).
A media mañá trouxéronnos auga e máis un tentempé.
Despois seguimos xogando ata a hora de comer. Nese momento fomos para o pinar e alí tomamos a saborosa comida que nos prepararon as nosas familias.
Ó rematar puidemos tomar un xeado e xogar outro anaquiño ata a hora de volver para a casa.
Foi un día diferente, pero mooooi divertido, como podedes ver nestas fotografías!!!
Foi un día diferente, pero mooooi divertido, como podedes ver nestas fotografías!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario