miércoles, 19 de junio de 2019

CONTAN OS MAIORES

Durante este curso os nenos e nenas do CPI As Revoltas fixemos varias actividades conxuntamente coas persoas do Centro de Día de Neaño (xogos, lecturas, magosto, visionado da película "Up"...). 
Tamén participamos no concurso "Contan os maiores" no que tiñamos que plasmar nun debuxo que significan para nós as persoas maiores. Agasalláronnos con diplomas por participar e en Educación Infantil resultou gañadora a nosa compañeira Uxía: PARABÉNS! 
Aínda que durante o curso, todas e todos gañamos aprendendo a convivir e compartindo experiencias!





No hay comentarios: