Na aula de 3 anos contamos o conto "Aínda nada?".
"De mañá, ben cedo, o señor Luís cavou un burato enorme na terra. Neste
burato enorme o señor Luís deixou caer un granciño cheo de promesas.
Despois, o señor Luís volveu tapar o enorme burato e saltou enriba del
con todas as súas forzas para pisar a terra. Despois, o señor Luís regou
ben a terra coa súa regadeira. O protagonista deste relato sementa
algo na terra. Agarda un día tras outro, baixo a expectante mirada dun
paxaro, co desexo de ver crecer a flor que nacería dun granciño. Aínda
nada?, preguntábase cada mañá, ao ver que da semente non daba agromado
ningunha planta, ata que un bo día..."
Despois de estar moi atentos e atentas á historia do señor Luís, puxémonos a plantar.
Cada equipo tiña unha maceta e cada un/unha de nós sementou unha pipa de xirasol. Usamos terra, auga e unha pequena pa.
Agora queda ter un pouco de paciencia e esperar a que medren!
No hay comentarios:
Publicar un comentario