jueves, 21 de febrero de 2019

A DIVERSIDADE ENRIQUÉCENOS

No día de hoxe viñeron ata o CPI As Revoltas Irene, Lucía e Luisa, da asociación ÍNTEGRO. 
Contáronnos un fermoso conto sobre a diversidade; xogamos cunha pelota moi especial, xa que facía ruido ao lanzala (explicáronnos que é moi útil para as persoas que non poden ver) e tamén vimos que non é fácil averiguar que tocamos usando solamente o sentido do tacto (puxemos nos ollos un antiface e tiñamos que adiviñar que contiñan uns estuches, usando únicamente o sentido do tacto). 
Divertímonos moito con estas actividades. 
Moitas grazas pola visita!

 

No hay comentarios: