sábado, 10 de noviembre de 2018

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

O venres celebramos o Magosto no cole! Nesta celebración propia do outono comemos castañas e...cantamos e bailamos! Cadaquén festexou o Magosto ó seu gusto. Uns preferiron estar sentadiños coas súas castañas, outros bailaban sós, por parellas ou formando un tren. Foi unha festa moi movida como se pode ver nalgunha das fotografías... Que ben o pasamos!

No hay comentarios: