jueves, 17 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

Co motivo da celebración do día das Letras Galegas, púxose  en marcha un concurso de poesía. Nas aulas de Educación Infantil convertémonos en poetas e poetisas durante uns días e creamos poemas en cada clase. Divertímonos moito buscando unha temática que nos inspirara e gustounos moito xogar a rimar palabras.
Onte tivo lugar a entrega de premios. Nunha das categorías resultou gañadora a aula de 3 anos, aínda que sabemos que o importante é participar e divertirse durante o proceso de creación. 
Aquí tedes unhas fotografías da entrega de premios e dos poemas.

 

No hay comentarios: