martes, 3 de abril de 2018

VISITA AO MUNCYT

Hoxe viaxamos ata a Coruña para visitar o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía).
Alí dividímonos en varios grupos, cos mestres/as e cos monitores/as que nos explicaron moitas cousas: fixemos uns helicópteros de papel e conseguimos que voasen; vimos uns robots que falaban e ata puidemos subir á cabina dun antigo avión. Este avión é moi especial, xa que na súa bodega  viaxaron cadros de Picasso. Puidemos velo por dentro e resultou moi cómodo;ten uns asientos moi confortables e ata televisión e teléfono! Tamén nos sorprendeu o tamaño das rodas e das ás!
Pasámolo moi ben!
 

No hay comentarios: