jueves, 22 de marzo de 2018

XORNADAS CULTURAIS: DÍA 2

No segundo día das xornadas culturais visitáronnos algúns membros da asociación Íntegro. Faláronnos da diversidade mediante un conto chamado "Por cuatro esquinitas de nada". Todos temos similitudes e diferenzas pero é importante que nos respectemos e que cheguemos a acordos para solucionar dificultades, como lles pasa no conto a "Cadradiño" e aos "Redondiños".
Estivemos moi atentos e atentas!




Tamén creamos unhas maracas co mestre Iván, a partir dos ovos que trouxemos das nosas casas. Botámoslles arroz, puxémoslles unhas culleres e cinta adhesiva, decorámolos con gomets e engadímoslles cintas de cores para poder colgalas. 
Que divertido!






E rematamos o taller que comezamos no día de onte. Unha vez secas as botellas que pintamos, colgámoslles unhas boliñas e xa puidemos xogar a colocalas na botella, traballando así a motricidade, a coordinación... 
A partir de materiais de uso cotiá pódense crear unha gran variedade de xogos. 






No hay comentarios: