lunes, 12 de febrero de 2018

FIN DE FESTA

O venres celebramos o festival de Entroido.
Disfrazámonos en relación ás artes, que é o Proxecto Documental Integrado que estamos a traballar este curso no centro.  Na aula de 3 anos disfrazámonos de cadros de Mondrian e na de 4 e 5 anos, de Kandinsky (son os pintores que estamos traballando en cada clase).
Despois das actuacións repuxemos forzas cun chocolate con churros. Finalmente queimamos a "Sardiña" e fixemos unha festa nas aulas cunha saborosa merenda típica destas datas que elaboraron as familias.
Moitas grazas pola vosa colaboración!

No hay comentarios: