martes, 30 de enero de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da paz dun xeito moi especial, xa que o fixemos xunto cos nenos e nenas do CRA Os Remuiños.
Primeiro contáronnos o conto " El libro de la paz ".
Despois formamos equipos internivelares que fomos pasando polos diferentes talleres: creamos colgantes con barro; participamos nun taller sobre reciclaxe; divertímonos con disfraces; coloreamos pezas dun puzzle co que formamos un cadro; decoramos macetas nas que había plantas; lemos contos; fixemos dramatizacións; divertímonos coa coreografía da canción "Quérote máis"; xogamos co paracaídas e ata fixemos un "mar" en botellas de plástico!
Repuxemos forzas cunha saborosa merenda e acabamos a xornada cantando todos xuntos/as!
Pasámolo moi ben!



No hay comentarios: