Hoxe fixemos a primeira saída en autobús do curso. Desprazámonos ata Carballo para ver a película "Coco".
Encantounos ir no autobús e sentarnos nesas butacas tan cómodas. A media mañá fixemos un pequeno parón para repoñer forzas, tomando a merenda e voltamos para o cole.
Houbo momentos de prestar moita atención, outros de risas e algunha que outra bágoa de emoción nalgún momento da película.
Pasámolo moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario