jueves, 21 de diciembre de 2017

NADAL

Hoxe rematou o trimestre.Tivemos unha xornada intensa.
Primeiro fomos ao salón de actos ver as representacións que fixeron os nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro.
Despois vimos as actuacións dos alumnos e alumnas máis maiores de Educación Primaria, dirixidos/as polo mestre Iván.
A continuación chegaron os Reis Magos. Entregámoslles as cartas que fixemos na clase; algún ata conversou con eles e trouxéronnos un agasallo.
Por último, repuxemos forzas cos saborosos doces típicos destas datas que nos trouxeron as familias e levamos para a casa os traballos realizados durante o trimestre, os boletíns de notas  e un pequeno agasallo que nos fixeron as mestras. 
Nesta presentación podedes ver algúns deses momentos.



No hay comentarios: