Na aula de 3 anos estivemos a coñecer un pouco máis a nosa mascota, Teo e ao mesmo tempo comezamos a traballar as nosas emocións.
Primeiro escoitamos o conto "O monstro de cores". Que sorpresa levamos ao descubrir que Teo non so é verde,se non que pode ter outras cores, dependendo do seu estado de ánimo.
Despois cada neno/a coloreou o seu Teo preferido e sacou unha foto co peluche desa cor (moi pronto poderedes ver os resultados).
Tamén nos gustou moito xogar co dado das emocións. Lanzámolo e fómolas identificando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario