O mércores tivemos a tradicional xornada de convivencia en Valarés, cos demais nenos e nenas do colexio.
Pasámolo moi ben xogando na area con todos os xoguetes que levamos: pas, anciños, moldes, caldeiros, maquinaria, balóns...
A media mañá repuxemos forzas cunhas saborosas pezas de froita, uns boliños doces e refrescámonos bebendo auga.
Despois doutro anaco de xogos chegou a hora de comer e por último xa volvemos para as nosas casas.
Foi unha xornada diferente!
No hay comentarios:
Publicar un comentario