sábado, 25 de febrero de 2017

FESTIVAL DE ENTROIDO

Este venres celebramos o festival de entroido. A temática foron as épocas históricas. @s Revoltiñ@s disfrazámonos de dinosauros. Había cavernícolas, descubridores, gregos e romanos... ata chegar ao século XX. 
Divertímonos moito disfrazad@s e actuando. Tamén repuxemos forzas co chocolate e cos churros co que nos agasallou o colexio e cos saborosos doces típicos que nos prepararon as familias. Tivemos tempo tamén para xogar un anaquiño antes do momento máis triste da xornada: a tradicional queima de Chinto. 
Con isto puxemos punto final a unha semana un tanto diferente, na que tivemos tempo para decorar mandalas, seguir as consignas de Chinto, colorear máscaras, ensaiar a actuación para o festival...
Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada.


No hay comentarios: