Hoxe tivemos unha xornada moi especial, xa que acudimos ao auditorio municipal para celebrar o Día da Paz, xunto cos nenos e nenas do CRA Os Remuiños. 
Fixemos actividades distribuidas en varios talleres: elaboramos corazóns cheos de paz; creamos contos; traballamos a resolución pacífica de conflitos; fixemos murais con símbolos e palabras cheas de paz; coñecemos o conto "Unha manchea de bicos"... Repuxemos forzas cunha saborosa merenda e tamén cantamos a canción "No dudaría".
Divertímonos moito!
Grazas por convidarnos, amig@s do CRA Os Remuiños! 


No hay comentarios:
Publicar un comentario