Durante parte do anterior trimestre e o que levamos deste, fomos conseguindo moitos libros relacionados coa temática do noso proxecto: os dinosauros. Temos libros de tódolos tipos: pop up, diccionario de imaxes, enciclopedias sinxelas, contos, atlas, con maquetas... Gústanos moito manipulalos, lelos, mirar as imaxes que traen, coñecer datos interesantes que recollen... É un xeito de achegarnos a saber máis destes animais ao mesmo tempo que desenvolvemos o gusto pola lectura. Con algúns deles fixemos unha exposición (e outros témolos nas aulas).
Agradecer especialmente á biblioteca e ás mestras Ana Isabel e Ana Fuentes, que nos conseguiron moitos deles!
No hay comentarios:
Publicar un comentario