Este venres, @s Revoltiños fomos ata Dombate para levar a cabo un taller de pintura sobre a Prehistoria.
Primeiro vimos un vídeo para coñecer un pouco máis sobre esta etapa; despois chegou o momento de poñerse mans á obra para recrear as pinturas prehistóricas. Despois de repoñer forzas coa merenda, fomos visitar o dolmen, un dos monumentos máis importantes de Cabana. Estivemos moi atent@s ás explicacións de Lito.
Para rematar sacamos unha foto en grupo.
Foi unha mañá moi divertida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario