viernes, 23 de diciembre de 2016

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL

Durante estes días estivemos decorando o corredor e as aulas de Educación Infantil para darlle un ambiente navideño.
Colocamos a árbore, fixemos postais, coloreamos mandalas e letras navideñas, fixemos gorros para as portas, decoramos as bolsas para levar os traballos do trimestre, elaboramos as portadas...
Tamén estivemos ensaiando coa mestra Loly e cos mestres e facendo máscaras para actuar no festival do mércores coa canción "A árbore de Nadal". Ese día recibimos a visita dos Reis Magos, que nos agasallaron cunha gorra de Pepiña (a mascota da biblioteca) e os mestres tíñannos preparada unha saborosa merenda para repoñer forzas e unha doce sorpresa, relacionada coa película Trolls, que fomos ver hai unhas semanas: unha galleta decorada con personaxes desta película.




No hay comentarios: