Este venres celebramos o Magosto no colexio.
Primeiro participamos nuns xogos tradicionais, guiados pol@s nen@s de 2º de Educación Primaria. Gustounos moito xogar aos círculos de aproximación, ao Castañazo e bailar por parellas intentando que non caera a castaña.
Despois tivo lugar a entrega de premios á mellor porta do Samaín. Os gañadores foron @s nen@s de 4º de Educación Primaria e @s de Educación Infantil tivemos un accésit. Recolleron o diploma para cada aula a piloto e o encargado do día (Eliana e Samuel).
Tamén houbo premios para o mellor Susto Monstruoso de cada aula. Resultaron gañador@s Hugo (3 anos), Sofía (4 anos) e Idania (5 anos).
Dámoslles a noraboa aos premiad@s e xa sabemos que o importante é participar, e sobre todo, divertirse e aprender.
Para rematar a festa chegou o momento de lucir os preciosos portacastañas que fixemos coas familias, comer as castañas e degustar un delicioso chocolate que nos fixeron no comedor (e outras bebidas para @s que non quixeron o chocolate).
Foi un día moi divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario