Tras presentarnos e distribuírnos por equipos, a mestra Paula pasou a ler a descrición do monstro que os Revoltiñ@s fixemos a semana pasada. Así, as nenas e nenos do CRA poderían imaxinar como era a nosa mascota! Entre todos, debuxamos aos nosos Teos!
Quedaron chulísimos tódolos debuxos, pero xa non facía falta imaxinar, porque Teo apareceu no Salón de Actos, e viña acompañado da súa historia, pero nun libro moi diferente que nos deixou a profe Érica e que nos leu a mestra Rocío.
Agora si, xa estabamos listos para comezar cos diferentes talleres, polos que fomos pasando tódolos equipos ao longo da xornada.
"Expresarte" era un taller no que a partir das cores do monstro, creamos un mural no que pintamos libremente con pinceis e esponxas.
Tamén refixemos a historia de "O monstro de cores" a partir dun quebracabezas onde cada nen@ coloreaba unha peza, pezas que logo se xuntarían para crear unha das páxinas deste conto.
E qué mellor maneira de conmemorar o Día do Libro que lendo algúns dos contos que atopamos no Baúl de Teo?
Tamén descubrimos que nalgúns lugares existe a tradición de regalar unha rosa por este día. E aquí estamos creando as nosas!
E como Teo era o protagonista deste día, tamén foi o protagonista dunha historia que pouquiño a pouco fomos creando entre todos nós. Dámosvos unha pista... Levamos a Teo de viaxe, adiviñades a onde?
E, por suposto, non podían faltar uns marcapáxinas personalizados con algunha que outra imaxe da nosa mascota!
Iso si, tamén paramos a repoñer forzas entre taller e taller! Que ricas estaban as galletas e os zumes que tomamos todos xuntos!
E xa para despedirnos desta xornada tan especial, moi atentos escoitamos a historia que nos lía a mestra Rocío e que nós mesmos creamos! Neste vídeo vós tamén a poderedes ler acompañada dunha música moi animada!
E, por suposto, tamén puidemos ver aqueles quebracabezas que transformamos en conto, e que a profe Mª Carmen lle entregou da nosa parte ás mestras do CRA para que os seus nen@s tamén puidesen ler a historia de Teo.
FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO MOI BEN! MOITAS GRAZAS POLA VISITA! VOLVEDE CANDO QUEIRADES!
No hay comentarios:
Publicar un comentario