martes, 12 de abril de 2016

CREAMOS UNHA INVITACIÓN!

O próximo luns conmemoraremos o "Día do Libro" xunto cos nenos e nenas do CRA Os Remuíños. Nós seremos os anfitrións, polo que tras pensar e debatir sobre o que podíamos facer para que todos eles soubesen desta celebración, María tivo unha idea xenial: CREAR UNHA INVITACIÓN!

E aquí estamos... Algúns nenos completaron as palabras que faltaban, outros repasáronas con rotulador e arrastraron cera unha vez rematada. E todos xuntos participamos pensando as palabras que non estaban na invitación e as letras que nos facían falta para escribilas!




E aquí o resultado final!


Pero unha vez feita... Xurdiunos outra complicación! Como lla facíamos chegar? Saíron moitas opcións: mandala por correo; chamar a unha furgoneta de servizo rápido; falar con algún familiar para que nola leve; ir nós en bus, tren, barco, moto, leopardo, dinosaurio...
Aínda que a solución era moito máis sinxela: Por que non lla entregamos mañá a Érica? Ela tamén é mestra no CRA!

No hay comentarios: