lunes, 29 de febrero de 2016

DESPEDIMOS A REBECA!

Esta mañá dixémoslle adeus á mestra Rebeca, e despedímola cunha gran festa sorpresa. Quedou abraiada cando entrou na aula de 3-4 anos e viu a gran mesa que preparamos e tamén unha saborosa tarta de chocolate!
Foron as encargadas do día, Eliana e Nerea, as que lles entregaron os nosos agasallos: unha orla, un marco, un CD con fotografías, unha axenda, uns bombóns e un libro de debuxos con bonitas dedicatorias escritas polos Revoltiñ@s. Encantáronlle!


E despois? Despois tocaba merendar! Aquí estamos todos!

Moitas grazas por todo o que fixeches durante estas semanas Rebeca! Volve de visita cando queiras! Os Revoltiñ@s botarémoste de menos!


No hay comentarios: