miércoles, 16 de diciembre de 2015

UN POUQUIÑO MÁIS CERCA DE ROMA...

Hoxe os Revoltiñ@s coñecemos un pouquiño máis o noso colexio... Achegámonos ao edificio de Educación Secundaria, e alí algúns rapaces xa nos esperaban na Aula de Idiomas. Eran os mesmos que fai unhas semanas nos viñeron ler uns contos ás nosas clases. Por iso Mauro e Lara, os encargados de hoxe, fixéronlle entrega duns diplomas de agradecemento en nome de todos nós.


E como eles estudian Latín, decidiron explicarnos como se formou e que ocorría na cidade de Roma. Estivemos moi atentos ás súas explicacións!




E eles tamén tiñan un agasallo para nós... Uns ricos chupa-chups! Moitas grazas a todos!



No hay comentarios: