sábado, 19 de diciembre de 2015

FESTIVAL DE NADAL

Este venres os Revoltiñ@s actuamos no Festival de Nadal do colexio.

Primeiramente bailamos todos xuntos ao son de "Xa me tardan", unha canción de Mamá Cabra. Tras moitos ensaios, que vos pareceu a actuación final?




Logo, os nenos e nenas de 3 e 4 anos interpretaron a canción popular do "Tiroliro". Que opinades do traballo que fixemos con Tini, a mestra de Música?



E xa para rematar as actuacións dos Revoltiñ@s, as nenas e nenos de 4 e 5 anos bailaron ao ritmo de "Eu son un artista", un tema de Mamá Cabra. Gustouvos?



Aquí vos deixamos unhas fotografías dos minutos anteriores ás nosas actuacións.

3 comentarios:

Unknown dijo...

BRAVO REVOLTIÑ@S!!! SODES UNS ARTISTAS!!!

MOI BO NADAL PARA TODOS

Profe Martín

Os Revoltiños dijo...

Ola!
Alegrámonos de que che gustasen as nosas actuacións.
Grazas por seguirnos!
Saúdos para ti tamén.
@s Revoltiñ@s.

Os Revoltiños dijo...

E BO NADAL para ti tamén!!!