Despois dunhas semanas traballando o outono e coñecendo os seus froitos máis característicos, hoxe os Revoltiñ@s visitamos o comedor do colexio para realizar un obradoiro de cociña onde creamos brochetas con catro froitas carnosas: plátanos, mandarinas, mazás e uvas. Pinchando e pinchando, así de cheos quedaron os nosos pauiños. Que vos parecen?
E despois chegou o momento máis esperado... O DE COMER AS NOSAS BROCHETAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario