domingo, 18 de octubre de 2015

UNHA VISITA MOI ESPECIAL...

Este venres os Revoltiñ@s tivemos unha visita moi especial. Adiviñades quen? Claro que si, Déborah e Silvia, as mamás de Dylan e Samuel, pero non viñan soas xa que na súa barriga traían a alguén que tamén nos quería coñecer...
Contáronnos un conto dos Bolechas para descubrir como chegaban os bebés ás barrigas das mamás. Tamén nos falaron dos coidados que necesita un bebé e ensináronnos algunhas cousiñas de cando Samuel e Dylan eran máis pequenos: xoguetes, roupa, zapatos, chupetes... Recordamos o que era unha ecografía e puidemos tocar as súas barrigas para ver se os seus bebés nos saudaban cunha patada.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito moito sobre o embarazo e os bebés. E para agradecerllo, Dylan e Samuel entregáronlles uns diplomas da nosa parte.

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VISITA E VOLVEDE CANDO QUEIRADES!

No hay comentarios: