Así foron os nosos primeiros días na aula de 3 e 4 anos! Ao chegar deixamos as chaquetas, as mochilas e as axendas. Pouco a pouco aprendemos a poñer os mandilóns, e os maiores axúdannos cos botóns. Na alfombra realizamos as rutinas de tódalas mañás e falamos na asemblea. Comezamos a traballar na nosa mesa, aínda que sempre hai tempo para xogar. Gústanos moito merendar cos nosos manteis e pasámolo xenial no parque. Tamén tivemos as primeiras clases cos mestres especialistas: Paula e Antonio, Puri, Mª Carmen e Santi, Andrea e Tini. Ímolo pasar moi ben este curso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario