Este venres visitounos a xornalista Mabel Montes.
Aprendemos moito coas súas explicacións: qué fai un meteorólogo; qué son os meteoros; qué fenómenos son os máis habituais en cada estación, que é un climograma...
Xogamos a ser "mulleres e homes do tempo", fixemos equipos para cada estación do ano, puxemos os meteoros nun mural, observamos cómo se representa o vento nunha aplicación informática e ata vimos a tempo real unha imaxe do noso país enviada por satélite!!!
Divertímonos moito!!!
E ademais agasallounos cun fermoso muíño de vento para cada revoltiñ@!!!
Moitas grazas por todo e ata pronto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario