lunes, 9 de marzo de 2015

PEDRO E O LOBO

Hoxe fomos ata Santiago. No auditorio de Galicia representábase a obra "Pedro e o lobo". Gustounos sentarnos nunhas butacas tan cómodas e impresionounos que fose tan grande. Que ben tocaban os músicos da orquestra e que simpáticos eran os monicreques!!!
Despois fomos comer ata un parque próximo e encantounos ver nel parrulos e cisnes. 
E por último, tocou volver para a casa.
Foi un día diferente e pasámolo moi ben!!!




No hay comentarios: