sábado, 20 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Este venres celebramos o festival de Nadal.
Cada aula fixo unha actuación e @s Revoltiñ@s interpretamos a panxoliña "O abeto está baleiro", que nos ensinou o mestre Martín.
A continuación entregáronse os premios do Concurso de Postais. Na aula de 3 anos o gañador foi Mauro, e na de 4/5 anos, Sergio (noraboa ós dous!!!).
Despois viñeron os Reis Magos, ós que lles entregamos as cartas que preparamos.
E por último fixemos unha festa na aula, con productos navideños que nos trouxeron as nosas familias e bailamos ó ritmo da música.
Para finalizar, levamos para a casa os traballos do trimestre e as notas.
Divertímonos moito!!!





 
 




 







 

No hay comentarios: